O SECTOR AUTOMOBILÍSTICO PROTAGONIZA A PRIMEIRA MESA DE TRABALLO DO PROXECTO “G2030: PERFÍS PROFESIONAIS DE FUTURO, E NOVAS TITULACIÓNS E ESPECIALIDADES UNIVERSITARIAS”
A primeira mesa de traballo sectorial do proxecto “G2030 Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias” dedicadas ao sector automobilístico, celebrouse o pasado 8 de novembro na sede do Clúster de empresas de automoción de Galicia, en Vigo.
Esta primeira mesa sectorial, dedicada ao sector automoción, contou coa participación de 18 expertos con perfís complementarios da industria automobilística galega, co obxectivo de identificar os principais roles profesionais que demandará a futuro o sector de automoción en Galicia, así como avanzar nos requirimentos competenciais cos que haberán de contar. Este input será de enorme valor para a elaboración dun dos principais fitos deste proxecto, a elaboración dun catálogo de perfís profesionais de futuro.
Este proxecto, desenvolvido por FEUGA coa Conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional, ten como obxectivo elaborar un catálogo de perfís profesionais de futuro e definir un conxunto de novas titulacións e especialidades universitarias que se adapten ás necesidades do mercado laboral dos próximos anos.
Coa posta en marcha desta actividade, FEUGA continúa coa análise prospectiva das demandas ocupacionais dos sectores estratéxicos en materia de emprego da nosa comunidade, co firme propósito de consolidar a Galicia como unha comunidade que se adiante ao cambio e se sitúea como unha sociedade competitiva e que responda aos retos do futuro.