Estudamos as macro - tendencias globais e determinamos os sectores estratéxicos a futuro para Galicia, a través destas actividades:
Análise dos factores de cambio e tendencias globais con impacto na actividade económica e o emprego
Identificación de sectores con maior capacidade actual e futura de tracción da economía e o emprego en Galicia a partir dun diagnóstico da situación actual da rexión e do marco estratéxico definido polas administracións públicas
Contraste con expertos para valorar a evolución das tendencias en Galicia e o seu impacto nos sectores estratéxicos previamente identificados
Concretamos as ocupacións futuras e analizamos a oferta actual de titulacións do SUG, a partir das actuacións que seguen:
Definición da cadea de valor de cada sector priorizado
Identificación por elo da cadea de valor de ocupacións futuras claves e competencias asociadas
Análise preliminar das titulacións e especialidades impartidas no SUG por sector obxecto de estudo
Contraste con expertos para reflexionar sobre os perfís de futuro identificados, as súas competencias e a súa previsión de demanda
Definimos o Catálogo de Profesións de Futuro, mediante as seguintes accións:
Elaboración dunha ficha por cada novo perfil profesional onde se detallan as súas principais funcións , competencias asociadas e previsión de emprego estimada
Definición de grupos ocupacionais e asignación de perfís / ocupacións