galicia 2030

Catálogo de perfís profesionais de futuro, e novas titulacións e especialidades universitarias

descargar folleto informativo

Perfís profesionais que non existen e que nin sequera imaxinamos serán os protagonistas do mercado laboral dos próximos anos

As tendencias e factores de cambio globais relacionados coa demografía, a economía, o medioambiente,… unidos á evolución imparable da ciencia e a tecnoloxía, converteranse, sen dúbida, nos piares sobre os que se asentará o emprego do futuro.

A prospectiva e a análise experta eríxense deste xeito nas únicas ferramentas coas que poderemos adiantarnos e prepararnos para esta nova realidade. Esta anticipación, unida a unha toma de decisións axeitada no ámbito da educación superior, serán claves para responder ás necesidades de emprego cualificado nas vindeiras décadas e para establecer as bases dunha economía competitiva e dun mercado laboral futuro máis sólido, prometedor, inclusivo e próspero para todos.

É por iso que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con FEUGA, pon en marcha esta iniciativa que, sobre a base dunha análise de prospectiva e tendencias con impacto no emprego de Galicia en 2030, desenvolverá un catálogo completo de perfís profesionais de futuro, que servirá para definir as novas titulacións e especialidades universitarias acordes con estes perfís e coas necesidades e esixencias da sociedade e mercado vindeiros.

Analizamos as principais tendencias e factores de cambio que afectarán ao mercado laboral nos próximos anos

Determinamos os ámbitos e sectores de actividade con maior impacto futuro en termos de emprego

Identificamos as novas ocupacións e perfís profesionais que se demandarán no futuro

Definimos un conxunto de novas titulacións e especialidades universitarias capaces de dar resposta ás necesidades e expectativas laborais vindeiras

Unha aposta polo emprego e a formación universitaria

CATÁLOGO DE PERFÍS PROFESIONAIS

DEFINICIÓN DE NOVAS TITULACIÓNS

E ESPECIALIDADES UNIVERSITARIAS

PARA GALICIA

Un proxecto ambicioso e integral que conta coa participación de múltiples axentes e expertos

COÑECE A TODOS OS COLABORADORES E EXPERTOS

Para calquera dúbida ou consulta podes poñerte en contacto connosco