1 Identificación do Titular

Razón social: FUNDACIÓN EMPRESA UNIVERSIDAD GALLEGA.

CIF/NIF: G 15051667

Domicilio social: Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15701, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 534180

E-mail: feuga@feuga.es

2 Obxecto

As presentes condicións regularán o uso que o Titular pon a disposición dos usuarios da web, as cales poderán ser modificadas sen previo aviso, de maneira que se recomenda a súa consulta periódica, mais aínda cando se dispoña a facer un uso efectivo de produtos e/ou servizos.

3 Condicións de acceso e uso

O acceso á web é libre e atribúe a quen o realiza a condición de Usuario, quen poderá acceder aos contidos ou mesmo porse en contacto cos seus administradores.
O usuario debe pois, ler, entender e aceptar as presentes condicións de uso antes de proceder á navegación e/ou uso dos servizos, o que suporá a súa expresa aceptación e adhesión ás mesmas nos termos e condicións que se expresan a continuación: i) Compromiso de uso dilixente dos recursos, con estrito cumprimento da lexislación vixente, con respecto aos bos costumes e á ”netiqueta”, é dicir, ao conxunto de normas de comportamento xeral en Internet; ii) O usuario aceptará os termos e condicións ou bases de participación dun servizo ou recurso concreto cando estas fosen necesarias, o que será explicitamente requirido no seu caso e; iii) Non poderá facer uso da web fóra dos termos aceptados polas presentes condicións de uso, concretamente para fins ilícitos, contrarios á moral ou á orde pública en calquera das súas expresións, ou constitutivas de delito.

De igual maneira, en caso de permitirse comentarios ou entradas de opinións, o Titular non se responsabilizará en ningún caso das opinións vertidas por terceiros, aínda que se reserva o dereito a retirar ou mesmo non publicar aqueles que resulten ofensivos ou inapropiados ou, na súa falta, cando tivese coñecemento efectivo do contido do publicado.

4 Propiedade Intelectual e Industrial

O Titular posúe todos os dereitos sobre a web, os seus logos, estrutura, imaxes e elementos constitutivos do código obxecto, así como a programación e enxeñería do código fonte. Todos estes elementos, ademais das publicacións incluídas están protexidos pola normativa española e europea sobre propiedade intelectual e industrial.

Queda prohibida calquera reprodución, adaptación, modificación ou comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos da web, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, mecánico, manual ou outro, sen a autorización expresa do Titular.

FEUGA é titular dos dereitos de propiedade intelectural derivados dos elementos que integran a súa páxina web ou dispón da correspondente autorización para a súa utilización. Neste sitio web protéxense os dereitos de propiedade intelectual, por tanto todas as fotografías, iconas, vídeos… son propiedade desta entidade ou lle foron concedidos co consentimento expreso do propietario, recoñecendo a autoría e propiedade dos elementos achegados por terceiros.

Autoría elementos terceiros:

5 Protección de datos de carácter persoal

O Titular adoptou todas as medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas pola normativa en protección de datos, mais concretamente segundo Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, ou norma que a substitúa e as que a desenvolvan, e o Regulamento 2016/679 Europeo de Protección de Datos.

Poderá atoparse toda a información a este respecto no apartado denominado Política de Privacidade

6 Lexislación e xurisdición aplicable

As presentes Condicións Xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español, sometendo calquera controversia aos xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela, con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.