Descarga o extracto autorizado da
Perfís profesionais que non existen e que nin sequera imaxinamos serán os protagonistas do mercado laboral dos próximos anos
As tendencias e factores de cambio globais relacionados coa demografía, a economía, o medioambiente,… unidos á evolución imparable da ciencia e a tecnoloxía, converteranse, sen dúbida, nos piares sobre os que se asentará o emprego do futuro.
A prospectiva e a análise experta eríxense deste xeito nas únicas ferramentas coas que poderemos adiantarnos e prepararnos para esta nova realidade. Esta anticipación, unida a unha toma de decisións axeitada no ámbito da educación superior, serán claves para responder ás necesidades de emprego cualificado nas vindeiras décadas e para establecer as bases dunha economía competitiva e dun mercado laboral futuro máis sólido, prometedor, inclusivo e próspero para todos.
É por iso que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con FEUGA, pon en marcha esta iniciativa que, sobre a base dunha análise de prospectiva e tendencias con impacto no emprego de Galicia en 2030, desenvolverá un catálogo completo de perfís profesionais de futuro, que servirá para definir as novas titulacións e especialidades universitarias acordes con estes perfís e coas necesidades e esixencias da sociedade e mercado vindeiros.
Unha aposta polo emprego e a formación universitaria
Un proxecto ambicioso e integral que conta coa participación de múltiples axentes e expertos
COÑECE A TODOS OS COLABORADORES E EXPERTOS