Titulacións

Responden as titulacións actuais ás necesidades do futuro?

Levamos a cabo unha análise benchmark e definimos de maneira preliminar as novas titulacións e especialidades, en base a estas actividades:

Estudo exhaustivo do mapa actual de titulacións e especialidades do SUG e cotexo co catálogo de profesións de futuro

Análisis benchmark internacional de universidades e titulacións de interese para o proxecto e consulta con expertos. Analizaranse universidades referentes a nivel internacional, universidades punteiras en innovación e universidades de rexións ou países líderes en sectores estratéxicos para Galicia poñendo o foco nas titulacións de interese para o proxecto

Identificación preliminar de novas titulacións e especialidades

Contraste con expertos para valorar a identificación preliminar de titulacións e especialidades e profundar na súa definición

análisis benchmark

Definimos un conxunto de novas titulacións e especialidades universitarias para Galicia, a través das seguintes actuacións:

Visión global das novas titulacións e especialidades, organizada por áreas de coñecemento e aliñada respecto das profesións do futuro

Elaboración de fichas individuais por cada titulación e especialidade

Deseño e planificación da folla de ruta para a súa implantación

conjunto de nuevas titulaciones y especialidades universitarias para Galicia

Instrumentos Clave

Análise benchmark de universidades e titulacións internacionais de interese

Entrevistas en profundidade con expertos internacionais / nacionais

Mesas de traballo con expertos (Académicas)